A Asociación de  Veciños  Álvaro Cunqueiro, fundouse  o 20 de decembro do 1988, tras a disolución da Comunidade Xestora, fundada no ano 1974 foi un referente de loita e de cohesión dos veciños polo ben común, esta  estaba centrada na revisión dos traballos da construtora das vivendas, e a solicitude das demandas da veciñanza o Concello de Santiago.

Como socios fundadores: D. Antonio Lago, D. Pedro Serrano, D.Basilio Vázquez, D. Manuel Vieites, D. José María Fontán, D. Arturo Ferraces, D. Antón García, D. Manuel Prol e D. Alfredo Solla.  Asociación ata a derribo do tunel polas obras de mellora e mobilidade do barrio, dispoñía a parte do actual local situado na Rúa do Bispo Diego Peláez, tres locais na rúa Santa Uxía de Riveira: a biblioteca, local social e o almacén do Vista Alegre CF.

FINS DA ASOCIACIÓN

  • Tódolos relacionados coa defensa dos intereses das socias/os, en particular a situación urbanítica do ámbito de actuación (rúas, rede de sumidoiros, fachadas, alumeado..).

  • Promover e fomentar entre os seus socios/as a comunicación o diálogo, o compañeirismo e o o espíruto de colaboración, para lograr a maior unidade entre a veciñanza.

  • Colaborar cos presidentes de cada comunidade de propietarios para solucionar calquera problema ou eventualidade que se presente.

  • Contribuír á formación progresiva dos seus socios/ass, así como o coñecemento da cultura galega.

  • Promover e solicitar ás insitucións a mellora dos servicios socias, para o ámbito de actuación, cara unha mellor dotación de infraestructuras.

ACTUAL DIRECTIVA

Presidente:David Ríos.
Vicepresidenta: Marisa González.
Secretaria: Mari Luz Pardal.
Tesorero: Manuel Méndez.
Vocal: Julia Cupeiro
Vocal: Manuel Reymóndez.

CONTACTO

David Ríos, 604 02 02 06.
Mariluz Pardal: 653 20 46 68.

HORARIO DE OFICINA

De Luns a Venres de 18:30 a 21:30 horas.

DOTACIÓNS

 Local en propiedade na Rúa do Bispo Diego Peláez, nº7 Baixo, cunha superficie de 188 metros cadrados.

Total de metros cadrados a dispor da veciñanza:  726 metros cadrados.