O 21 de xuño do 1996, inaugurouse o CSC Antón Fraguas, coa presenza do escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, D.Antón Fraguas Fraguas.
Ao acto asistiron a corporación municipal, a directiva e a veciñanza, entregandole unha placa conmemorativa ao que leva o nome do noso Centro Sociocultural, e terminado o día cunha foliada.
O CSC NA ACTUALIDADE
O Centro Sociocultural conta con 188 m² distribuídos da seguinte maneira: sala de informática, sala de ximnasia, sala de talleres, sala de tv e oficinas, sendo titular do mesmo a AVV Álvaro Cunqueiro.
WC adaptados para persoas con movilidade reducida.