Benvidas e benvidos a web do barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela.
Esperamos que este medio dixital nos una como parte da comunidade.

Para canalizar os problemas do barrio, iniciativas fundouse a Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro do Barrio de Vista Alegre.

Dispoñemos de un local o servizo da veciñanza o Centro Sociocultural Antón Fraguas, situado na Rúa do Bispo Diego Peláez, número 7, baixo.

Guía comercial

O Polígono de Vista Alegre, cunha superficie de 5,9 hectáreas, localízase ao noroeste da cidade de Santiago de Compostela. Foi previsto e planeado como espazo urbano con uso residencial no Plan Xeral de 1959. No tocante á construción do Polígono, é de interese sinalar que se trata de vivenda de protección oficial de promoción privada. Isto quere dicir que se ben os terreos sobre os que se edificou o polígono eran de titularidade pública (neste caso a propiedade pertencía ao concello da cidade) a promoción, construción e venda das vivendas correron por conta de entes privados. A construción de vivendas fíxose en tres fases, a primeira delas, entre 1970 e 1971, determinou a morfoloxía de todo o barrio. A peculiaridade máis notoria é a existencia de terrazas nos bloques que presentan un elevado estado de deterioración. A segunda fase data de 1987 e foi un apéndice da promoción inicial, da que segue os mesmos patróns estéticos. A terceira fase ultímase a finais de 1987 e ten como características diferenciadoras, respecto das dúas anteriores, a existencia de ascensores interiores e un avance notable no aspecto exterior dos bloques.

Esta área foi declarada o 17 de abril de 2006 e comprende 752 vivendas distribuídas en 47 edificios.

(Fonte «Instituto de Vivenda e Solo»).

 
 

Información importante sobre cookies

O sitio web utiliza cookies propias e de terceiros. Continuar a navegación supón aceptar o almacenamento da información vinculada a estas cookies. Máis info View more
Aceptar
Rechazar