Dende o barrio de Vista Alegre podemos apoiar o carballo de conxo, #VotaCarballo para árbore europea do ano.
O concurso da Árbore europea do ano creouse no ano 2011 en resposta á enquisa popular «Árbore do ano» organizada na República Checa durante moito tempo pola Fundación Alianza ( Nadace Partnerství). Ao terminar o concurso a nivel nacional en cada país, os gañadores participasen no concurso europeo.
Este impoñente carballo, con máis de 250 anos de vida, é a árbore máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo . Álzase ao pé dunha das sendas deste “novo” espazo natural situado ao sur de Santiago de Compostela.
Prema aqui para Votar Carballo de Conxo.