A Nosa monitora de Zumba, Ara Nieto está a concursar na TVG, no programa Luar este venres 11 de febrero.
Necesita o apoio do Barrio de Vista Alegre, na terceira fase de Recantos.
Ara Nieto é estudante e toca o violoncello. Canta na Orquesta Principal e nos últimos tempos tamén é profesora de zumba. Na fase anterior o xurado púxolle sobresaliente por «Moito me gustas».
Ara Nieto era ben pequena cando empezou a cantar a Rianxeira, coa súa avoa. A súa nai, de Noia, e o seu pai, de Mazaricos, emigraron a Londres. Alí coñecéronse, alí naceu o amor e alí naceron tanto a súa irmá como ela. « Vin para Mazaricos con seis anos», conta Ara. « Meus pais viron que me gustaba moito cantar, as profesoras dicíanlle que me levasen a canto, e acabaron apuntándome en baile e pandeireta», explica. Máis tarde entraría ao Conservatorio de Noia, «para facer algo moi parecido a canto, violoncelo», chancea. Ao canto, engade, foise achegando a través de escolas de música e non tiña nin os 18 cando, cun amigo, integrou un dúo que ofrecía actuacións en acústico. Nieto integrou despois a orquestra Os Españois, de Negreira, e agora é parte da Principal, formación coa que ten actuacións todo o ano, tamén no inverno. Ao mesmo tempo, estuda en Santiago un dobre grao de filoloxía inglesa e española e asegura que lle «apaixona», pero o seu é o canto e o baile: « Na miña cabeza é ou primeiro». Traballou seis meses nunha panadería, de xaneiro a xuño do 2021, pero foi aí cando recibiu a chamada de Principal e non lle custou elixir: «Botaba moito de menos cantar, subir ao escenario…».
A deste venres, 11 de febreiro, será unha noite importante para a mazaricá Ara Nieto (1999). Ela representa á Costa da Morte en Recantos, o concurso de talentos musicais que promove o veterano programa Luar (TVG). Xógase pasar á cuarta fase e farao cunha nova rancheira, Jalisco (actuará ao redor das 00.30 horas). O tema que lle deron non lle convenceu ao principio, pero levouno un pouco ao seu terreo (« aranietizado») e agora sénteo máis cómodo. Ademais de Jalisco, protagonizará un dueto con outro compañeiro, o representante de Barbanza — Miki Fernández, de Carnota—: o fado María a portuguesa. Ara deberá conquistar ao xurado, pero o público tamén xoga un papel esencial á hora de conseguir puntos. Os espectadores teñen un papel crave.
¿Como facer para votar?
5 chamadas gratuitas.
España: 988600682. Portugal: 215566392.
Por Whatsapp: votoARa al 661-398-392.
No Facebook; Luar Oficial #votoAra
En Twitter:@luartvg #votoAra